Hoxe é Luns 25 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diversidade musical coa Rondalla de Redondela e Manquiña cos Fabulosos Weekend

RR_Noticias

A fin de semana deixa unha variada oferta musical en Redondela e Chapela. Esta noite a Praza da Casa da Torre acolle o concerto da Rondalla de Redondela, que recolle o legado musical e cultural da vila desde os anos 30. Mañá sábado actúa o grupo do actor e humorista galego Manuel Manquiña no mesmo lugar. Chapela acolle o domingo o concerto e festa de fin de verán coa actuación do trío Pentágono.

Esta noite chega un clásico da programación cultural de verán, a Rondalla de Redondela. Ás 22.00 horas a multitudinaria agrupación ofrecerá un concerto no que recupera parte do legado musical e tamén cultural da vila. Cantigas que soaban nas reunións familiares, nas festas e nas tabernas pola década dos anos 30. Rescatan pezas musicais e esta noite prometen sorprender ao público con algunhas novidades. Mañá sábado, no mesmo lugar e á mesma hora, chega Manuel Manquiña & The Fabulosos Weekend, unha recente formación musical encabezada polo coñecido actor e humorista galego . Trátase dun quinteto músico-vocal cun repertorio de música en español, galego e inglés dos anos sesenta, todo regado co humor de Manquiña. O domingo a programación cultural do Concello trasládase a Chapela. A Alameda Rosalía de Castro acolle o concerto e Festa Fin de Verán co trío Pentágono, a partires das 22.00 horas. Todas as actividades son de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará