A Asociación arrancaba recentemente unha nova etapa cunha xeira de actividades entre as que inclúen un curso de fotografía que arranca este mesmo venres. Malia que inicialmente o curso estaba orientado a enfermos oncolóxicos e familiares, abren agora esta proposta ao público en xeral co obxecto de cubrir a totalidade das prazas. O curso impartirase todos os venres en horario de 18:00 a 20:30 horas no Multiúsos e ten un custe de 6 euros. Máis información no teléfono 654 235 376.
Trátase dunha acción formativa enmarcada dentro do programa que organiza a Asociación Contra o Cáncer de Redondela en colaboración coa Deputación de Pontevedra.
As persoas interesadas en informarse ou achegarse ao colectivo poden facelo de xeito presenza todos os mércores de 12.30 a 14.00h no local que está a disposición da Asociación no Multiúsos da Xunqueira.
Traballan xa na cea benéfica anual que terá lugar o 28 deste mes.