As fotografías de Ruth Matilda Anderson tomadas a mediados de 1920 chegan ao Multiúsos da Xunqueira coa mostra “Unha mirada de antano”. Esta exposición inaugúrase este venres ás 19:00 horas e poderá visitarse ata o vindeiro 29 de setembro. Un proxecto no que colaboran o Concello de Redondela, Abanca e Afundación.
Os fondos que integran esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que alberga a colección de arte hispana máis importante fóra do territorio español.
As imaxes seleccionadas pertence ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durnate a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926 a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.
A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderá visitarse ata o 29 de setembro nas instalacións do Multiúsos no seu horario habitual de luns a domingo.