Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Indignación en Chapela polo continuo arrastre de pedras e cascallos a praia de Arealonga

RR_Noticias

A Asociación de veciños vén de presentar un escrito no concello esixindo que se proceda a limpeza da canle do río Maceiras e da propia praia de Arealonga que, segundo denuncian, presenta “terras, pedras, cachos de ladrillos e restos de cascallos de obra”. Explican que este material chega ao río procedente das obras que se veñen realizando na zona da Buraca, no novo colexio ou da propia autoestrada, e que acaban no areal cando se producen fortes chuvias. Situación que se repetía o pasado martes a raíz da forte treboada que deixaba tamén asolagamentos en diferentes puntos da parroquia. Estudan realizar unha acción reivindicativa de limpeza.

Explican que o Río Maceiras, que desemboca na praia de Arealonga, arrastrou novamente este pasado martes unha grande avalancha de terras, pedras, ladrillos e restos de obra por mor das fortes precipitacións desa xornada. Aseguran que é unha situación que se repite “ocasionada pola falta de limpeza das canles dos ríos e regatos, rexistros, recollida de augas pluviais inadecuadas e a falta do mantemento xeral necesario”. Por este motivo, veñen de presentar un rexistro no concello solicitando que se proceda ao mantemento de todas as zonas afectadas e a retirada inmediata de todo tipo de materias que por natureza non pertencen a praia xa que supón “danos para a praia e ten graves consecuencias nas especies acuáticas e piscícolas”. Angeles Méndez, dende a Asociación de veciños, explica que valoran a realización dalgunha actividade reivindicativa como a celebración dunha xornada de limpeza do areal, para denunciar a situación na que se atopa.  

Ángeles Méndez AVV Chapela
Denuncia o estado en que se atopa a praia
Cascallos de obra
material que os ríos arrastran ata chegar a Arealonga
Acción reivindicativa
Non descartan realizar unha limpeza no areal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará