Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tatán exerce de pregoeiro na I Romaría Cultural de Redondela

RR_Noticias

A actuación do grupo Paciencia Paradise esta tarde ás 21:00 horas na praza de Figueroa será o encargado de pechar as actividades previas á I Romaría Cultural de Artistas e Activistas de Redondela que se celebra este sábado, dende as doce do mediodía e ata as doce da noite, nas antigas escolas dos mestres na Avenida Mendiño.

Xa está todo en marcha para a celebración dunha festa que inclúe pasarrúas, música, xantar popular e actividades para os nenos organizada dende o colectivo Artelixo en colaboración coa Asociación Millo Verde.
Logo dalgúns cambios de última hora o programa está pechados e manteñen como pregoeiro ao actor, titiriteiro e músico Tatán, que será o encargado de dar o pistoletazo de saída a unha romaría que contará previamente cun pasarrúas polo casco urbano.
As dúas Leo de Matamá e Chá, Cerveja e Violao amenizará a sesión vermú que dará paso a un xantar popular aberto a todo o que desexe participar e xa, a partir das 17:00 horas, actividades para os nenos con xogos populares cedidos pola asociación Lúa Meiga e obradoiros para os cativos.
A música será tamén protagonista dos concertos que contarán coa participación de Seso Durán, Os Soutos&Beti, Haku, Tabula Rasa e O penico do ovo frito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará