Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER critica que o PP solicite á Deputación obras que xa incluíra no remanente do Concello

RR_Noticias

Catro obras de acondicionamento e mellora de camiños que está previsto financiar co remanente de máis dun millóns de euros procedentes do 2016, terían sido tamén solicitadas á Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos do organismo provincial. AER amosa a súa sorpresa porque o goberno local solicite á Deputación “unhas obras para as cales xa hai crédito dispoñible dende xullo de 2017”.

Explica a Agrupación de Electores que no pleno do 27 de xullo de 2017 tratouse a incorporación, para obras municipais, de máis dun millón de euros procedentes do remanente do 2016. Entre os numerosos investimentos previstos para investir estes cartos estarían, entres outras obras, o acondicionamento e mellora de camiño da Granxa de Vilar, camiño da Barronca de Cesantes e camiño da Cabadiña de Cedeira, do camiño San Pote de Cedeira e do camiño do Arango, Redondela, a mellora de camiños municipais en Saramagoso, O Viso; e Cabritas, Reboreda e finalmente o acondicionamento e mellora da rúa Campo das Redes e rúa do Hospital.
O pasado 7 de agosto a páxina do Facebook do Concello de Redondela publicou unha serie de obras e subministros incluídos no Plan Concellos 2018, acusando á Deputación de Pontevedra da demora das mesmas entre as cales se atopaban “curiosamente as obras mencionadas anteriormente e incluídas na modificación de crédito do remanente”.
Dende AER critican “o uso partidista da páxina do Concello de Redondela por parte do PP” así como o feito de que teñan dende o goberno local solicitado”á Deputación unhas obras para as cales o equipo de goberno xa tiña crédito dispoñible dende xullo do 2017″.
Engaden que “o goberno local puido facer estas obras, e por outro lado, puido ter pedido outras actuacións (para as que non houbese xa partida asignada) ao Plan Concellos da Deputación”. Culpabilizan da demora nestas catro obras “ao equipo de goberno, co alcalde e deputado provincial Javier Bas á cabeza”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará