Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcha para demandar a creación dunha vía verde entre Pontevedra e Arcade

RR_Noticias

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, A Golpe de Pedal, Pedaladas e a Asociación Salinas do Ulló organizan este domingo día 16 unha marcha-manifestación a pé ou en bicicleta para demandar a recuperación das vías do tren fora de uso e a creación dunha vía verde ciclista e peonil entre Arcade e Pontevedra. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, xa anunciou a súa participación no evento no que considera “unha xusta reivindicación”.

A protesta terá dúas convocatorias. Por unha banda sairán os ciclista as 10:00 da mañá dende Pontevedra para chegar a Arcade ao redor das 11:30. A esa hora terá lugar unha concentración para seguir a pé polas vías do tren ata Figueirido.
No caso de desexar participar no percorrido que sae dende Pontevedra deberá realizarse unha inscrición previa a través do facebook de A Golpe de Pedal ou no enderezo agolpepedal@gmail.com
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará