Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP acusa a AER de manipular porque saben que o remanente investiuse na urbanización da Ginaria

RR_Noticias

Dende o goberno municipal amosan a súa sorpresa ante as declaracións de AER con respecto ás obras solicitadas ao abeiro do Plan Concellos da Deputación cando afirman que estas obras xa estaban incluídas no remanente do 2016. Dende o PP explican que as catro actuacións ás que fai referencia a Agrupación de Electores non se puideron executar debido a que a partida existente esgotouse coa urbanización dos terreos da Finca da Ginaria en Cidadelle, solar no que se vai levantar o futuro colexio igrexa, o que obrigou a buscar financiamento a través doutras vías.

Por este motivo acusan a AER de “intoxicar” con información falsa a cidadanía “tratan de manipular unha información que é clara e é coñecida por eles xa que teñen acceso os expedientes”.
Explican dende o goberno municipal que dentro das obras aprobadas con cargo ao remanente do 2016 atopábase a urbanización da finca da Ginaria, obra prioritaria xa que tiña que facerse paralelamente coa construción do novo colexio de Igrexa. Cando se aprobaron as obras e se redactou o proxecto,  esta obra de urbanización consumiu a maior parte dos cartos dispoñibles, 865.000 euros. Por este motivo, engaden, foi necesario buscar financiamento para o resto das actuacións e recorreuse ao Plan Concellos da Deputación, solicitando financiamento para o acondicionamento e mellora dos camiños da Granxa de Vilar, camiño da Barronca de Cesantes e camiñoa da Cabadiña de Cedeira, o Camiños San Pote de Cedeira e camiño do Arango, a mellora dos camiños municipais en Saramagoso, O Viso e Cabritas en Reboreda e, finalmente, o acondicionamento e mellora da rúa Campos das Redes e Rúa do Hospital.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará