A decisión da Consellería de Educación de eliminar un profesor así como o desdobramentos que ata o de agora existía no curso de 6º de primaria levou a pais e nais a mobilizarse. A primeira medida de presión foi non enviar aos seus fillos ao colexio neste primeiro día de clase, iniciativa que manterán nas vindeiras xornadas. Non descartan adoptar novas iniciativas no caso de que a Consellería non rectifique.
O desdobramentos en 6º curso era efectivo dende o ano 2015, cando así o solicitou o centro. A petición foi aceptada polo servizo de Inspección tas a revisión dos informes enviados polo departamento de Orientación. Atendíase esta petición tendo en conta o número de alumnos (actualmente 26) e as necesidade educativas da clase.
A sorpresa chega cando neste mes de setembro a Consellería lles traslada a decisión de eliminar o desdobramento, decisión que non entenden tendo en conta que o número de escolares non variou e que as necesidades seguen a ser as mesmas.
Pais e nais non aceptan a alternativa de Educación que pasa por conceder un psicoterapeuta tres días por semana para esa clase.