Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello instalará unha caldeira de biomasa nos campos de fútbol de Santa Mariña

RR_Noticias

O importe da instalación ascende a 30.000 euros que serán financiados con fondos propios e cunha axuda de 22.000 euros concedidos polo Inega. Este investimento suporá un aforro importante ao empregar pellets na vez de gasóleo estimado en 770 euros anuais. Dende o Concello salientan esta actuación enmarcada dentro das políticas de consumo sustentable e ecolóxico.

Logo de recibir a concesión da subvención solicitada ao INEGA o Concello de Redondela instalará unha caldeira de biomasa no Campo de Fútbol de Santa Mariña que utilizará pellets como combustible. Esta caldeira dará servizo de auga quente sanitaria aos vestiarios do campo de futbol municipal substituíndo a actual de gasoil.
A nova caldeira incluirá un sistema de control de combustión que regulará a mesma e adaptará de forma automática os pellets necesarios. Coa instalación se construirá un silo de obra para o almacenamento dos material combustibles. Para o cálculo da demanda de enerxía tívose en conta os consumos de anos anteriores . O consumo de gasoleo supoñía uns 2070 euros ao ano. Coa caldeira de biomasa o consumo pasará a ser de 1.300 euros “o que supón un aforro de 770 euros ao ano en combustible.
O importe da instalación desta caldeira ascende a 30.000 euros e o concello conta cunha axuda concedida polo INEGA de 22.000 euros .
O concelleiro de deportes, Julio Mougán anuncia que o obxectivo do seu departamento e ir cambiando todas as caldeiras das instalacións deportivas substituíndoas por caldeiras máis eficientes “non só polo aforro que supón ao ano senón por que se trata dun tipo de enerxía renovable que non emite o nivel de contaminación que emitía a caldeira anterior”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará