Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Corenta establecementos súmanse á VIII Feira de Oportunidades do comercio local

RR_Noticias

A actividade comercial cambia este ano de ubicación obrigada polo peche da Alameda, actualmente en obras. Con todo, dende a Asociación de empresarios ven neste cambio unha oportunidade para darlle unha nova imaxe a esta proposta que se despraza ás rúas Ribeira e Xeneral Rubín e ás prazas de Santiago, da Constitución e praza do Concello. O horario de apertura dos espazos de venta será o sábado de 10:00 a 22:00 horas e o domingo de 11:00 a 20:00 horas.

Roupa e calzado volverán ser os grandes protagonistas nestas dúas xornadas de ventas que permiten ao comercio local desfacerse daqueles produtos que teñen en stock e que supoñen unha oportunidade para o cliente de facerse con artigos de primeira calidade a un prezo máis económico. As “zonas outlet” albergarán tamén establecementos de electrónica, iluminación, viaxes, decoración, mobles, xoguetes, artesanía, beleza e alimentación e prevese un incremento no número de vehículos de ocasión que se oferten ao público e que fora a gran novidade na edición anterior. Para animar as dúas xornadas comerciais haberá tamén áreas de xogo, zona infantil e zona de degustación que permitirá ao cliente probar o produto antes de compralo. Unha actividade organizada pola Asociación de empresarios de Redondela e colaboración co Concello e a Xunta de Galicia.  

Julia Alonso Asociación Empresarios
A novidade principal é o cambio de ubicación
Establecementos participantes
Un pouco de todo
Zona gastronómica
haberá zonas de degustación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará