Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PSOE e AER rexeitan a rebaixa do imposto de rodaxe pola súa escasa repercusión na veciñanza

RR_Noticias

A rebaixa proposta polo goberno do PP incluía descontos en torno ao 6% o que suporía unha rebaixa de entre 3 e 7 euros anuais para a maior parte dos propietarios de vehículos. Os turismos de maior potencia verían reducido o imposto trece euros. O goberno local defendía a medida “porque traslada aos veciños os beneficios de ter unhas contas saneadas”, PSOE e AER pola contra falaban de “rebaixa inversamente proporcional” e salientaban a escasa repercusión da medida nos petos dos cidadáns cando para as arcas municipais suporá deixar de ingresar 90.000 euros.

Insistía a voceira do partido popular, Carmen Amoedo, que a proposta de rebaixa do imposto de vehículos de tracción mecánica que o seu grupo levaba a pleno era “unha rebaixa lineal, que busca trasladar aos veciños os bos números que manexa o concello”. Con todo, a proposta atopouse co voto en contra de PSOE e AER quen argumentaron a escasa repercusión que a rebaixa vai ter na cidadanía. Así, o socialista Mauro Alvarez insistía en que a proposta do PP é “unha rebaixa inversamente proporcional, xa que os que máis van notar a rebaixa son os propietarios de vehículos con maior potencia “nós buscamos unha rebaixa real, proporcionada e xusta e esta non o é”. O voceiro da Agrupación de Electores, Roberto Darriba tiraba de retranca para exemplificar a incidencia mínima que de aprobarse esta medida tería nos petos dos veciños “preferimos que eses cartos queden no concello e que se invistan en algo útil”. Pola contra, o BNG si apoiaba a proposta por incluír bonificacións de máis dun 50% para aqueles vehículos máis respectuosos medioambientalmente.  

Mª Carmen Amoedo PP
Defende a proposta do goberno
Mauro Álvarez PSOE
Unha taxa inversamente proporcional
Roberto Darriba AER
unha rebaixa cunha incidencia mínima nos petos
Xoán Carlos González BNG
Daba o seu voto a favor por beneficiarr os vehículos pouco contaminantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará