Hoxe é Mércores 20 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a recuperación do Val do Maceiras

RR_Noticias

O BNG redondelán presentou ante a Consellería de Medioambente unha suxestión previa á Avaliación Ambiental Estratéxica co fin de que se recolla a recuperación do Val do Maceiras. Denuncian que arredor de 20 hectáreas víronse afectadas polas obras do AVE, que supuxeron “unha importante degradación deste entorno”. O proxecto inclúe a posta en valor da contorna coa explotación da mazá, ademáis de crear espazos públicos de lecer.

As obras do Eixo Altántico de Alta Velocidade, coa construción dos túneles no Valdo Maceiras, “supuxeron acabar con terras de labradío, sistemas de rego e acuíferos que abastecían á veciñanza” segundo denuncia Anxo Lusquiños, responsable local do Bloque, “ademáis do negativo impacto sobre moitas vivendas”. O proxecto de recuperación e a suxestión que o BNG realiza, teñen como obxectivo “a recuperación deste espazo medioambiental singular”. A proposta pasa por conxugar “a posta en valor do medio natural coa explotación racional e comunitaria da mazá”. Tamén inclúen a creación de espazos públicos de lecer, como a senda polo río Maceiras ata o casco urbán de Redondela, “coa recuperación de vexetación e fauna de ribeira”, como salienta Lusquiños. Explica que se trataría dun “proxecto de compensación polas obras”. Acusan de “pasividade total” ao goberno municipal de Redondela nesta cuestión, ao entender que Javier Bas “renunciou a este plan ao non presionar nin a Fomento, nin ás empresas concesionarias”. O BNG lamenta que Negros, a zona “máis castigada polas obras do Eixo Atlántico, non se beneficou de ningún tipo de compensación”. Lusquiños advirte que o Bloque “non vai renunciar a que este Proxecto sexa unha realidade para a veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará