Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O grupo socialista de Redondela denuncia a falta de limpeza nos ríos Pexegueiro e Alvedosa

RR_Noticias

O PSOE redondelán esixe “máis inversión por parte de Augas de Galicia” logo de que veciños da localidade lles trasladasen as súas queixas por mor da falta de limpeza nos ríos de Redondela. Afirman que “malia existir queixas xeralizadas” sobre a situación mantense a “deixadez” do goberno municipal de Javier Bas.

A veciñanza resalta problemas por falta de limpeza en varias zonas, como a contorna do río Pexegueiro ao seu paso pola zona dos equipamentos deportivos e na estrada Campo de Fútbol, ao igual que a zona do paseo do Maceiras e o montículo de sedimentos máis maleza no río Alvedosa, detrás dos xulgados. Para os socialistas, a falta de mantemento parte do goberno local “é evidente”, xa que existen tramos de río onde o cauce “parece inexistente debido ao lixo, maleza e sedimentos”. Advirten que o mantemento do río “ten que ser constante e non cando este desborde”, xa que iso supón graves prexuizos para os afectados e unha cantidade económica moito maior. Por outro lado demandan ao goberno local que esixa máis inversións a Augas de Galicia en Redondela, ao entender que os investimetnos son “mínimos ou puntuais” neste municipio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará