A concellaría de Medio Ambiente superou con éxito o obxectivo da campaña que Ecoembes e a Xunta puxeron en marcha coa lema “Recicla, Respira e Supérate”. O reto consistía en aumentar como mínimo un 10% a reciclaxe de envases durante tres meses, con respecto aos datos de 2017. Redondela, grazas á colaboración cidadá, pasou a proba con nota, ao incrementar a reciclaxe no colector amarelo en máis dun 40%.
Grazas a iso conseguiron un premio de 2.000 euros que irá destinado a Aldeas Infantís de Redondela. O destinatario do premio decidiuno o CEI de Cesantes, xa que foi o centro que máis aceite logrou reciclar de todos os colexios e institutos de Redondela, en proporción ao número de alumno. Segundo explica a concellería, tamén obtivo moi bos resultados a escola unitaria de Ventosela, que quedou a escasos litros de aceite respecto da escola infantil de Cesantes. Desde o departamento manifestan a súa “satisfacción” ao comprobar como a cidadanía en xeral “se implica en todas as campañas que se están realizando en torno á reciclaxe, a compostaxe e todo o relacionado co medio ambiente”, así como nas charlas que se están impartindo nos centros escolares desde hai varios cursos. Redondela participou na campala de Ecoembes xunto a outros Concellos de Galicia, entre os que destacan Pontevedra, Marín, Santiago, Ourense, Villalba, Narón ou Lugo.