Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela estrea un espazo de lecer para maiores

RR_Noticias

O Multiusos do Piñeiral do Crego inaugura o próximo luns, día 22, un novo proxecto pensado nos maiores. Trátase dun espazo lúdico e recreativo no que cunha sala de lectura, xogos de mesa e tamén obradoiros e actividades de ximnasia. Estará aberto de luns a venres en horario de 10.00 a 13.00 horas, e todas as actividades son de balde.

Este novo espazo para os maiores é unha iniciativa da Asociación Cultural e Social de Chapela, en colaboración co Concello e a Asociación de Maiores UDP. Carmen Asenjo, membro da directiva, explica que o seu obxectivo é ofrecer aos maiores de 55 anos “un lugar de encontro, onde xuntarse e participar en actividades que poden mellorar o seu día a día”. A inauguración deste novo espazo será o vindeiro luns, día 22, no seu horario matinal de 10.00 a 13.00 horas. Os usuarios disporán dunha sala de lectura con prensa diaria e un espazo de lecer con xogos de mesa como xadrez, dominó o naipes. Tamén se organizan diferentes obradoiros e actividades, así como conferencias e charlas, todo encamiñado a facilitar a vida cotiá dos maiores. Ximnasia terapéutica, mobilidade articular, taichi, pilates e cursos de memoria son algunhas das actividades previstas. Asenjo explica que, ademais, están abertos a propostas de actividades que poidan suxerir os propios usuarios. Todas as actividades son gratuitas e de libre acceso.

Carmen Asenjo Asociación Cultural e Social de Chapela
O obxectivo é ofrecer aos maiores un lugar de encontro onde xuntarse e participar en actividades pensadas para eles.
Actividades e charlas
Ximnasia terapéutica mobilidade articular taichi pilates e cursos de memoria son algunhas das actividades previstas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará