Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Familias do alumnado do IES Mendiño denuncia graves deficiencias no tranporte escolar

RR_Noticias

Nunha xuntanza celebrada onte no centro puxéronse de manifesto as graves carencias do servizo de transporte escolar nas rutas que cobre a empresa Autos González. Autobuses con prazas insuficientes para o número de escolares, paradas suprimidas e cambios nos horarios son algúns dos problemas que denuncian as familias e que serán remitidas á Consellería de Educación.

O que comezou sendo unha reclamación por parte do alumnado de Bacharelato, que non conta co servizo de transporte escolar, transformouse nunha queixa xeralizada de todo o alumnado polas deficiencias no transporte. Ana González, unha das nais afectadas, explica que son máis dun cento os alumnos do centro afectados polas deficiencias do transporte. Non se trata de todas as liñas escolares, xa que o problema se limita á empresa Autos González, se ben é a que conta “co maior número de rutas no centro”. As familias denuncian que para os alumnos de Rande a empresa envía un microbús de 35 prazas, cando son 44 os escolares da ESO adscritos a esa parada. Noutros casos suprímense paradas sen previo aviso, o que obriga aos alumnos a percorrer ata 2 quilómetros por estradas “sen ningún tipo de seguridade nin beirarrúas”, modifican os horarios, cambian as rutas “e deuse o caso de alumnos que non puideron ir ao instituto por falta de transporte”. Os pais entenden que o problema é “moi grave” xa que a empresa “non cumpre o contrato que ten asinado coa Consellería de Educación”. Desde a dirección do IES Mendiño xa trasladaron o problema á administración autonómica, e esta semana manterán unha xuntanza co servizo de inspección.

Ana González Soto nai afectada
As familias denuncian que para os alumnos de Rande a empresa envía un bus de 35 prazas cando son 44 nenos na parada.
Deficiencias no servizo
Paradas suprimidas e cambios nos horarios son algúns dos problemas que denuncian as familias
Incumprimento no contrato
Os pais entenden que o problema é moi grave xa que a empresa non cumpre o contrato.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará