A Agrupación de Electores critica a decisión de Javier Bas de non tramitar a convocatoria para esta comisión de segumento das obras da AP-9 a Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra. AER xa demandara convocar a comisión, paralizada desde xaneiro, para forzar a Larriba a pronunciarse sobre a supresión da peaxe en Rande e as obras de reposición pendentes, xa que non contestou aos escritos do Concello.
A Comisión de Seguemento das Obras da AP-9 está convocada para hoxe, pero “tan só cos representantes habituais”, segundo lamenta AER. Explican que o alcalde non ordenou remitir un requirimento á Subdelegada do Goberno tal e como estaba solicitado. AER fixo este requirimento para reactivar esta comisión, que se atopaba pechada dende xaneiro e xa non se ía a convocar máis, pois así o acordaron Fomento, Audasa, Concello, PP e a Asociación de Afectados AP-9. Todos concluían que as obras da autoestrada estaban rematadas e que as reposicións e melloras estaban en marcha.