Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela súmase ao xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño

RR_Noticias

O proxecto trata de aproveitar os recursos turísticos de un total de 14 municipios da rexión “para crear unha marca propia que atraia máis visitas”. O convenio terá unha duración de catro anos, e o primeiro obxectivo é elaborar un plan estratéxico.

O sur da Ría de Vigo e o Baixo Miño xa teñen a súa propia marca turística, como a que desde hai anos gozan outros espazos como a Ribeira Sacra ou a Costa da Morte. Redondela e outros trece Concellos que integran o Grupo de Desenvolvemento Rural Galicia Suroeste uníronse en Baiona para converterse no xeodestino número 15 de Galicia coa firma do convenio con Turismo de Galicia. Os xeodestinos turísticos son espazos xeográficos que comparten recursos naturais, patrimoniais e culturais, e conforman unha “identidade diferenciada”. Teresa París, concelleira de Turismo, explica que deste xeito se establecen mecanismos de colaboración entre os municipios que os integran “para impulsar o turismo de forma conxunta e eficiente”. Paris destaca “a oportunidade que supón traballar xuntos para ofrecer un destino turístico moi completo, cheo de grandes atractivos e que sexa recoñecible”. A bisbarra ofrece praia e costa, pero tamén montaña, historia, etnografía, gastronomía, turismo industrial, etc. O convenio terá unha duración de catro anos, e os resultados irán avaliándose co tempo. O primeiro paso é a elaboración dun “plan estratéxico” para poñer en valor as potencialidades do xeodestino, os seus recursos e tamén as eivas, para poder mellorar aqueles aspectos que sexa necesario. O obxectivo final do xeodestino é ofrecer unha imaxe de marca “recoñecible” que permita diferenciarse no mercado turístico e que contribúa a pór en valor os grandes reclamos dos municipios adheridos, moitos deles de especial relevancia.Galicia contaba até agora con catorce xeodestinos: Rías Altas, Costa da Morte, Terras de Santiago, A Mariña Lucense, Ancares-Courel, Ribeira Sacra, O Ribeiro, Terras de Ourense e Allariz, Celanova-A Limia, Manzaneda-Trevinca, Deza-Tabeirós e Rías Baixas. O número quince da lista é Ría de Vigo e Baixo Miño, no que se inclúe Redondela e os outros trece municipios: Soutomaior, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Baiona, Nigrán, Gondomar, Oia, O Rosal, A Guarda, Tui, Tomiño, Porriño e Mos.    

Teresa París concelleira de Turismo
A edil explica que deste xeito se establecen mecanismos de colaboración entre os municipios que os integran "para impulsar o turismo de forma conxunta e eficiente".
Territorio diverso
A bisbarra ofrece praia e costa pero tamén montaña historia etnografía gastronomía turismo industrial etc.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará