Esta tarde nova cita co Outonoteatro no Multiúsos da Xunqueira, ás 20:00 horas. Escrita por Santiago Cortegoso, Raclette une dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para acabar contando unha historia que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidad, a codicia, a culpa e a violencia.
A obra foi galardoada e nominada en multitude de premios: Finalista XX Premios Max das Artes Escénicas Mellor Autoría Teatral e Mellor Dirección de Escea, Premio Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, Mellor Espectáculo de Sala na “Feria de Teatro Ciudad Rodrigo”, Mención Especial XIX Certame de Teatro Garnacha de Haro, Premio María Casares de Teatro 2017 Mellor Texto Original, Premio Teatro Autor Exprés 2016. As entradas están á venda no Multúsos da Xunqueira e poden facerse reservas no 98640 28 65. O prezo da entrada é de 7 euros, 5 na tarifa reducida.