Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma en Defense da Enseada rexeita os novos plans da Autoridade Portuaria para Rande

RR_Noticias

O colectivo advirte que o porto de Vigo “reincide na ilegalidade” ao anunciar diferentes usos para o litoral de Rande, desde un almacén de vehículos ata unha terminal de colectores. A plataforma lembra que se trata dunha zona de especial protección ambiental dentro da Rede Natura “onde non cabe todo” e fan unha chamamento “á cordura” das administracións.

Antonio Lores, presidente da Plataforma en Defensa da Ensenada de San Simón, manifesta a súa preocupación polos reiterados anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo para dar ao litoral de Rande diferentes usos “desde cimeteiro de barcos, pasando por almacén de vehículos, até incluir no Plan Extratégico a implantación dunha terminal de colectores”. Entende Lores que o porto ten intención de “reincidir na súa ilegalidade”. Lembra que existe unha sentenza de decembro do ano pasado que anula a “Delimitación dos Espazos e Usos Portuarios”, xa que o plan de usos non ten en conta “o impacto ambiental na Ensenada de San Simon, lugar de Importancia Comunitaria pertenecente a Rede Natura 2000”. Recentemente a Autoridade Portuaria pechou o acceso ao antigo cargadadoiro de Rande polo perigo de derrube. O ente portuario non ten intención de conservar esta instalación, senón retirar toda a estrutura de ferro e manter a liña de atraque. O anuncio “preocupa” á Plataforma en Defensa da Enseada, xa que o cargadoiro está catalogado como “Patrimonio Industrial” e desde a Xunta de Galicia tramítase a súa declaración como BIC, Ben de Interese Cultural. De permitise o seu uso no futuro como unha liña de atraque para buques suporía “a guerra” en Rande, segundo Lores, xa que provocaría un intenso tránsito por mar no estreito, e tamén un gran volume de tráfico pesado por estrada no barrio. Os veciños e a Plataforma advirten “que non o consentirán”, xa que tampouco o permite a lexislación. Desde a plataforma convidan á Autoridade Portuaria a “optimizar” as actuais instalacións portuarias, xa que boa parte delas están destinadas a actividades “que non teñen relacion co mar”. Entende Lores que moitas das naves poderían trasladarse a zonas industriais e polígonos fóra do litoral. Ante tantos “despropósitos” os veciños advirten que están decididos a defender os seus intereses, tal e como fixeron en 2005, cando evitaron a construción dunha cementeira na explanada de Duches.

Antonio Lores presidente da Plataforma
A plataforma lembra que se trata dunha zona de especial protección ambiental dentro da Rede Natura "onde non cabe todo".
Cargadoiro de mineral
O ente portuario non ten intención de conservar esta instalación senón retirar toda a estrutura de ferro e manter a liña de atraque.
Optimizar espazos portuarios
Desde a plataforma convidan á APV a "optimizar" as actuais instalacións portuarias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará