Hoxe é Mércores 20 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa Veciñal esixe ao goberno local de Pazos a retirada de símbolos franquistas

RR_Noticias

A agrupación denuncia que, lonxe de eliminar estes símbolos, como marca a Lei de Memoria Histórica, o Concello de Pazos “recupéraos e dálles brillo”. Poñen como exemplo a recuperación de varios lavadoiros nos que o goberno local limpou pedras gravadas co xugo e as frechas falanxistas.

Alternativa Vecinal de Pazos lembra que a Lei da Memoria Histórica di no seu artigo 15 que as Administracións públicas, no exercicio das súas competencias “tomarán as medidas oportunas para a retirada de símbolos de exaltación da sublevación militar, da Guerra Civil e da Ditadura”. Desde AV denuncian que o Concello de Pazos de Borbén “non só incumpriu esta obriga legal senón que, lonxe de retirar símbolos franquistas, deulle brillo”. Explican que nas recentes reformas de varios lavadoiros limpáronse e deixáronse no seu lugar pedras gravadas co xugo e as frechas falanxistas. A formación entende que, ademais da obriga legal, o Concelelo debería ter o compromiso “ético” de velar pola retirada de símbolos de exaltación da ditadura. Desde AV anuncian que “por compromiso cos valores democráticos e por respecto ás vítimas” van levar ao pleno da corporación unha moción solicitando que o Concello adopte as medidas precisas para cumprir de inmediato a Lei de Memoria Histórica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará