Os de Fran Teixeira impuxéronse ao Rasoeiro, o que lles permiten afianzarse na parte alta da táboa. Na Primeira Autonómica a SAR gañou por un gol ao Deza. Peor sorte tiveron os equipos femininos na Honra Prata, con derrota de SAR e Chapela ante o Tenerife e o Sieiro, respectivamente.
Primeira Nacional
Rodosa Chapela 23-22 Calmear Rasoeiro
O Rodosa Chapela venceu o sábado ao Calmear Rasoeiro do Grove por 23-33 no partido disputado no Pavillón Novo do Monte da Vila. Logo dun comezo bastante igualado, o Chapela adiantouse desde o minuto 15, e aos poucos foi ampliando distancias. Chema Cid foi o máximo goleador do equipo, con 7 goles. A vitoria afianza o quinto posto do Rodosa Chapela, con 11 puntos, a dous do liderado. Na próxima xornada recibe ao Bueu, da parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
SAR 27-26 Deza
Os de Redondela gañaron dun gol, o que lles permite continuar na parte alta da táboa. Son 4º, a dous puntos do liderado. A próxima xornada visitan a pista do pechacancelas, o Moaña.
Honra Prata Feminina
SAR 25-27 Tenerife
As canarias levaron os dous puntos de Redondela nun partido moi pelexado polas pupilas de Elisardo Covelo “Chini”. A SAR, que baixa posicións ata a 10ª praza, volve xogar como local e recibe ao Cleba, da parte alta da táboa.
Cíes Chapela 25-31 Siero
As de Chapela non foron quen de sumar ante outros dos equipos da parte baixa da táboa, e seguen co casilliero a cero. E a próxima semana teñen un longo e difícil desprazamento a Valladolid, na pista do líder.
Fútbol Terceira División
Silva 2-2 Choco
O Choco sumou un punto na súa visita ao Silva nun partido marcado polas accións a balón parado porque os catro tantos do partido chegaron en xogadas deste tipo. No partido, con xornada adiantada que xogaron na festividade do pasado xoves, adiantouse o equipo coruñés nun saque de esquina con posible falta sobre Cortegoso e tanto de Pedrito. A continuación, o Choco transformou un penalti por medio de Comis e Miguel Fiuza anotou un dos mellores tantos da xornada ao rematar de forma acrobática unha falta lateral. Con vantaxe redondelana chegouse ao descanso e no terceiro minuto do segundo acto, Aarón Sánchez fixo o empate definitivo. O Choco é 13º, e na próxima xornada recibe ao Paiosaco, co que está empatado a puntos.
Primeira Autonómica
Umia 5-0 Arcade
Chiño, Camiño, Saiar, Bugallo e Vixo fixeron os tantos da avultada vitoria sobre o Arcade. Os de Soutomaior son agora 13º. O doningo volven xogar fóra, na casa do Erizana, co que están moi igualados.
Segunda Autonómica
Zacande 4-1 Cesantes
Dous tantos de Maqui, un de Chiscas e outro en propia meta deron os tres puntos ao Zacande. O gol visitante foi de Diego. O Cesantes queda así na metade da táboa. Na próxima xornada recibe ao Bamio, co que está empatado a puntos.
Vilar 1-2 Tyde
Miguel, de penalti, adiantou ao Vilar en San Martiño. Así se chegaría ao descanso, pero na segunda metade o Tyde reaccionou e remontou con tantos de Yago e Pallares. Os de Mon Sanromán caen á parte baixa da táboa e preparan o encontro da próxima xornada. Reciben ao Pontellas B.
Terceira Autonómica
Chapela 2-2 Coia
Reparto de puntos entre os redondeláns e os vigueses. O empate deixa ao Chapela na metade da táboa. O domingo visita o campo do Balaídos.
Fútbol Sala Terceira División
Campito 3-2 Ribeira F.S.
Os de Chapela impuxéronse a un dos equipos fortes do grupo, o que lles permite mellorar posicións na táboa. Son 12º. Na próxima xornada teñen un longo desprazamento, visitan ao club Polideportivo Casás, no pavillón de Lugo, cos anfitrións na parte baixa da clasificación.
Santa Isabel 6-10 F.S.Pazos de Borbén
Os de Fran Amoedo impuxéronse en Outeiro de Rei ante un dos rivais da parte alta da táboa, e manteñen o liderado do grupo. Na próxima xornada reciben en Pazos ao Concello de Begonte, equipo da metade da clasificación.