Un total de 66 voluntarios, todos eles alumnos do IES de Chapela, recibiron un diploma acreditativo logo de ter participado nunha xornada dedicada aos maiores do municipio, e na que tamén participaron escolares dos colexios de Santa Mariña e Cedeira. O Concello xa anunciou que o próximo ano, o 25 de abril, celebrarase o II Día do Maior.
Os alumnos dos ciclos de Integración Social e de Axuda a Persoas en Situación de Dependencia recibiron onte un diploma acreditativo da man da concelleira de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, o tenente del alcalde Miguel Ángel Álvarez, e o alcalde de Redondela, Javier Bas, nun acto celebrado no Mulitúsos do Piñeiral do Crego. O alumnado participou como voluntario no I Día do Maior, celebrado o pasado 25 de maior no pavillón da Marisma. O obxectivo da celebración era lograr “unha xornada de intercambio interxeracional” segundo explicou Amoedo, unha actividade que serve “para potenciar a convivencia e poñer en valor as achegas que os maiores fan á sociedade actual”. A responsable de Servizos Sociais anunciou tamén que a segunda edición do Día do Maior celebrarase o 25 de abril de 2019, nunha aposta do Concello por “visibilizar a todo un sector da poboación que continúa activo e que debe ter o merecido recoñecemento por parte de todos”.