Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “No PSOE estamos convencidos de que imos recuperar a alcaldía de Redondela”

RR_Noticias

A concelleira e deputada provincial foi elexida pola militancia para encabezar a candidatura socialista nas eleccións locais do próximo mes de maio, logo de impoñerse á candidatura de Olga Rodríguez. Rivas ten claro que agora o socialismo redondelán “é un único grupo no que todos teñen cabida”. Nos comicios do próximo ano sairán “a gañar para recuperar o Concello da nefasta xestión do goberno popular”.

A militancia socialista elexiu onte á súa candidata nunhas primarias cunha alta participación que superou o 90%. Dos 106 afiliados con dereito a voto, 94 deixaron a súa papeleta. O resultado final foi axustado, con 50 votos para a candidatura de Digna Rivas, 40 para Olga Rodríguez e 4 en branco. Unha elevada participación que é motivo de “orgullo” para a gañadora, e que demostra a “fortaleza” do PSOE redondelán, motivo polo que asegura sentirse “feliz”. Quedan agora seis meses para as eleccións municipais nas que Rivas Gómez optará á alcaldía de Redondela. Consciente de que ten moito traballo por diante, asegura que “a militacia terá a última palabra” na configuración do equipo que concorrerá ás municipais. Afirma que despois das primarias o partido redondelán “é un grupo unido” e que todos teñen cabida no proxecto de cara ás municipais “por suposto tamén Olga Rodríguez”, da que Rivas fala “como amiga e compañeira”. En canto ao posible resultados das eleccións, a candidata do PSOE non fai cábalas xa que “todo pode pasar” pero mantense firme ao asegurar que os socialistas “van sair a gañar para recuperar a alcaldía de Redondela”. Asegura que despois do 26M, e en función dos resultados, o seu grupo estará disposto a sentarse a falar co resto de forzas políticas “como sempre fixo”. Digna Rivas é desde hai case catro anos concelleira do grupo socialista en Redondela, e desde fai tres deputada provincial e responsable de Cohesión Social e Xuventude.

Digna Rivas candidata á alcaldía
A elevada participación naa primarias é motivo de "orgullo" para a gañadora xa que demostra a "fortaleza" do PSOE redondelán.
Un grupo unido
Afirma que despois das primarias o partido redondelán é un grupo unido no que todos teñen cabida.
Recuperar a alcaldía
Está convencida de que o PSOE vai recuperar a alcaldía de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará