O Concello de Redondela organiza este domingo unha andaina para coñecer o patrimonio cultural que agocha a zona de Rande. Unha actividade de balde, guiada por Xurxo Constela, arqueólogo de A Citania e museólogo do Meirande. Saída ás 10.00 horas.
Este domingo, día 25 de novembro, todos os que o desexen poden visitar Rande e os seus tesouros. Costenla ofrecerá aos participantes na andaina información sobre a Regasenda e a súa factoría de salazón do século XVIII, do Castelo de Rande e o seu papel na historia, dos cargadoiros de mineral como o de Cotto Wagner, e do perigo que todo este patrimonio histórico e industrial corre na actualidade. Non é necesaria inscrición previa, só achegarse ao lugar da saída, no parcadoiro do Meirande, ás 10.00 horas. A duración prevista da andaina é de 2 horas, para facer un percorrido de 2 quilómetros. A andaina é accesible para todos os públicos.