Realizarase o sábado, 1 de decembro, en horario de mañá e tarde . O ciclo está dirixido a mulleres maiores de 16 anos. Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións. O curso ten 8 horas de duración: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
O Concello de Pazos de Borbén organiza un curso de defensa persoal para as mulleres do municipio. Trátase dun curso de adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación ante diversas situacións. As interesadas deberán anotarse nos servizos sociais. O obxectivo, segundo explica o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, é o de “dar ferramentas ás mulleres coas que sentirse máis seguras ante posibles casos de violencia de xénero, que aprendan como saír de certas situacións desagradables e defenderse ante os malos tratos”. O ciclo está dirixido a mulleres maiores de 16 anos, aínda que as menores de idade deberán achegar o permiso paterno para asistir ao curso. As clases desenvolveranse durante unha única xornada de 8 horas de duración, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.