Mañá venres na praza do Concello de Redondela, e o sábado na Alameda de Chapela, grandes e pequenos poderán gozar dunha xornada de música, luz e sorpresas. As actividades comezarán ás 18.00 horas, e ás 20.00 horas o espectáculo “Os trasgos da luz” dara paso ao prendido da iluminación.
Desde o Concello anuncian que haberá música, baile, globoflexia “e moitas sorpresas para a rapazada”. Mañá venres a cita é na praza do Concello de Redondela, e o sábado día 1 de decembro, á mesma hora e coa mesma programación, na Alameda de Chapela.