Os anfitrións dominaron o xogo na Malata e puxéronse por diante no marcador aos poucos minutos. Na Primeira Galega gañou o Arcade, e na Terceira o Chapela, nunha xornada con poucas vitorias dos equipos locais. No balonmán feminino a SAR impúxose ao Lanzarote na División de Honra Prata.
Terceira División
Racing Ferrol 2-0 Choco
Os ferroláns marcaron ao nove minutos de xogo por medio de Seoane e o Choco foi incapaz de soster a presión. Cando levaban unha hora de xogo un centro de Pablo Rei quedou morto na área pequena e Juan Antonio meteu a punteira para facer o 2-0. Co resultado o Choco queda na 12ª posición da táboa. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ao U.D. Ourense, que suma un punto máis que os redondeláns.
Primeira Galega
Arcade 3-0 Mos
Triunfo ante o Mos que serve ao Arcade para manterse como 8º. Na próxima xornada visita o campo do Gran Peña, un dos equipos fortes do grupo, 3º clasificado.
Segunda Galega
Marín 3-0 Cesantes
O Cesantes regresa de Marín cunha derrota, que o deixa na parte baixa da táboa, cae tres postos ata o 14º. Na próxima xornada recibe ao Poio, equipo co que están empatados a puntos.
Mosende 1-0 Atl. Vilar
Nova derrota para os de Mon Sanromán, nesta ocasión pola mínima e ante un dos equipos da parte baixa da táboa. O Vilar é agora 12º, e na próxima xornada terá un partido difícil, xa que reciben en San Martiño ao Sta Mariña, un dos equipos fortes do grupo, 3º clasificado.
Terceira Galega
Chapela 3-0 Samapio
Vitoria do Chapela, que consegue manterse como 6º clasificado. Na próxima xornada visitan o campo do Areas Alcabre, cos de Vigo un punto por baixo na táboa.
Fútbol Sala Terceira División
Campito 3-2 Talleres ABC Vigo
Os de Chapela impuxéronse no derbi comarcal
Bueu 4-3 Pazos de Borbén
Os de Fran Amoedo non puideron cos do Morrazo, nun partido moi disputado e con moitos goles. Na próxima fin de semana hai xornada de descanso. Volverán á competición o día 15 de decembro. O Pazos recibe ás 19.00 ao Red Blue vigo 2015, mentres que o Campito xogará ás 18.30 no pavillón do Praias de Barreiros C.D.
Balonmán
División de Honra Prata Feminina
Cleba 37-13 Chapela
Dura derrota para as mozas de Chapela no partido disputado na pista do Cleba. Na próxima xornada teñen un longo e complicado desprazamento. Xogan en Canarias ante o Tenerife, coas anfitrioas na 4ª praza.
SAR 33-23 Lanzarote
As de “Chini” impuxéronse ao equipo canario, e son 8ª. Volven á competición na pista do Oviedo, un dos equipo máis fortes, 2º clasificado.
Primeira Nacional
Calvo Xiria 33-21 Chapela
Os de Fran Teixeira manteñen a 5ª praza pero afástanse dos postos de cabeza, a 6 puntos xa dos dous primeiros. Na próxima xornada reciben ao Luceros, co filial do Morrazo na parte baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Pabellón Ourense 23-22 SAR
A SAR baixa á 4ª praza do grupo logo da derrota por un gol na pista do Pabellón Ourense. Na próxima xornada reciben ao Viveiro, un posto por baido na táboa.