Hoxe é Mércores 20 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas anuncia novas mobilizacións pola supresión da peaxe da AP-9 en Rande

RR_Noticias

O alcalde de Redondela informou ao delegado territorial, Ignacio López-Chaves, sobre as reclamaciones dos veciños e as medidas adoptadas ata a data para esixir a súa inmediata eliminación. Lembra que o próximo día 13 celebrarase unha nova reunión da comisión de seguimiento das obras de ampliación de Rande, esperan de Fomento “unha resposta ás súas reivindicacións”.

O alcalde de Redondela, Javier Bas, e a portavoz do Goberno local, Carmen Amoedo, reuníronse co delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, para informarlle dos pasos que están dando no marco das súas reivindicacións “para a inmediata supresión da peaxe de Rande”. Durante a cita, o rexededor redondelán trasladoulle o seu agradecemento ao goberno galego “pola súa implicación na liberalización dos movementos entre Vigo e Redondela pola AP-9”. Bas trasladou ao representante autonómico as reclamacións dos veciños e anuncioulle novas mobilizacións co obxectivo de manter viva a “presión social”. Bas denuncia que Redondela segue a pagar “unha das peaxes máis caras de España, mentres noutros lugares se reduciron ou se anuncian bonificacións”. Malia o compromiso de Fomento de eliminar a peaxe en xullo, e logo do cambio de goberno, “seguimos á espera”, engade Bas. Asegurou que seguirán coa “presión social” na mesma liña das protestas realizadas ata agora, como a do pasado sábado, convocada polas Asociacións de Veciños de Chapela e Teis, que consistiu en abonar a taxa en céntimos “e resultou un éxito de participación”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará