Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un premio de mil euros por consumir no comercio local

RR_Noticias

A Asociación de empresarios ten en marcha a campaña de Nadal na que participan máis dun cento de establecementos. A partir de hoxe e ata o 7 de xaneiro, os consumidores, ademais dos tradicionais premios de vales de compra, por importes de ata mil euros, poden acceder a centos de premios directos polas súas compras. En todos os establecementos participantes haberá urnas cheas de premios por mercar no comercio local.

Entre os premios a Asociación de Empresarios asumiu o reparto de 1.000 eco-bolsas Navideñas reutilizables para agasallar á clientela e que esta poida ser reempregada para as comparas no comercio local. A bolsa poderase recoller nos comercios participantes ou na sede da asociación presentando o boleto premiado coa eco-bolsa.
Esta bolsa exclusiva conta cun deseño acorde a imaxe da campaña onde unha pequena vila presidida por un vidaduto é a protagonista dos distintos elementos de decoración e packaging cos que conta a campaña.
Como decoración empregáronse máis dun millar de bolas co eslogan “este Nadal merca en Redondela” para decorar os escaparates de máis de un centenar de establecementos de Redondela e empregáronse máis de 200 metros de alfombra vermella para as entradas dos establecementos.
A campaña conta con outros elementos de packaging como as pegatinas para os agasallos coa imaxe da campaña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará