Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén solicita a participación veciñal para elaborar un plan de mobilidade sostible

RR_Noticias

O Concello pretende facilitar a participación dos veciños mediante enquisas, mesas de traballo e un cuestionario online que xa está a difundir a través das redes sociais
Pazos de Borbén acaba de pór en marcha a redacción do seu Plan de Mobilidade Sustentable. A iniciativa, apoiada pola Deputación de Pontevedra, pretende servir como ferramenta de planificación estratéxica do termo municipal sobre a que logo desenvolver accións que fomenten unha mobilidade máis ecolóxica e respectuosa co medio ambiente.

O plan comezará cunha fase inicial de toma de datos e análises da situación actual, tras a cal se procederá a realizar un diagnóstico dos problemas de mobilidade detectados en espazos concretos. Por último realizaranse as achegas necesarias para orientar a procura de solucións que mellore a mobilidade xeral do municipio e en especial a dos espazos públicos.
Como inicio do proceso de toma de datos, o equipo redactor comezou esta semana a recoller as opinións dos veciños mediante enquisas presenciais en distintos puntos do municipio. Unha tarefa que ademais servirá para cualificar a calidade dos espazos públicos e localizar puntos de especial interese á hora de planificar accións.
Como medida complementaria, a través das diferentes canles de información municipal, o Concello de Pazos de Borbén puxo a disposición de todos os veciños un formulario no que poderán expresar as súas propostas e as súas demandas. O cuestionario estará dispoñible até o 11 de xaneiro.
Por último, levarán a cabo varias mesas de traballo e participación cidadá o próximo 27 de decembro, en horario de mañá e de tarde, en dependencias municipais. Nelas poderán participar todos os veciños interesados que desexen achegar as súas suxestións ou simplemente coñecer máis acerca do que supón a creación deste plan.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará