Axentes da policía local de Redondela detiveron este domingo a un veciño da parroquia de Chapela de 59 anos de idade, logo de que propinara unha labazada a súa parella de 45. O home pasou a disposición xudicial acusado dun presunto delito de violencia de xénero. Dúas patrullas da policía local interviñan neste caso de violencia de xénero en Chapela.
Os axentes desprazáronse ao lugar lodo de que un veciño alertara de que home e unha muller mantiñan unha forte liorta na vía pública.
Unha vez no lugar os axentes localizaron a parella. Nun primeiro momento a muller recoñecía ter recibido unha puñada do home, malia que logo rectificou e negou a agresión. Non así o home que chegou a afirmar que lle propinara a labazada “porque o merecía”. O agresor foi detido e posto a disposición xudicial acusado dun presunto delito de violencia de xénero.
Dende a Policía Local agradecen a colaboración cidadá que permitiu parar esta agresión e deter ao varón.