Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE reclama a Xunta que se posicione sobre a creación dun almacén de contedores en Rande

RR_Noticias

A candidata a alcaldía de Redondela polo PSOE, Digna Rivas reitera a postura dos socialistas sobre o proxecto da Autoridade Portuaria para a instalación dun almacén de contedores na explanada de Rande “que non pode ser máis que de rexeitamento a un proxecto que pretende converter unha zona de extraordinaria importancia histórica, cultural e medioambiental, nun almacén de contedores”. O seu grupo presentará unha iniciativa “para que a Xunta abandone a súa posición de ambigüidade e defina a súa postura de xeito claro”.

Rivas, acompañada polos deputados no Parlamento de Galicia, Abel Losada e Patricia Vilán, mantivo unha xuntanza coa Plataforma en Defensa da Ensenada de San Simón de cara a darlles a coñecer as xestións realizadas polos socialistas redondeláns de cara a impedir que o cargadoiro de Rande sexa convertido nun almacén de contedores, tal e como pretende a Autoridade Portuaria “co beneplácito de Javier Bas que forma parte do Consello do Porto de Vigo”, sinalou Rivas.
“O noso compromiso con Rande e cos seus veciños e veciñas, é indiscutible” explicou Digna Rivas que lembrou que dende o ano 2015, os socialistas de Redondela presentaron diversos proxectos para poñer en valor a zona que “o alcalde Bas parece esquecer que está incluída na Rede Natura, un espazo natural cuxa protección tería que ser, para o Concello, unha prioridade, cousa que polo visto non é”, sinalou a candidata.
 Ao longo desta nova reunión, que Rivas cualificou como “un punto e seguido, xa que haberá máis”, tanto a concelleira socialista como a deputada Patricia Vilán e o deputado Abel Losada, anunciaron a presentación dunha iniciativa para que a Xunta “abandone a súa postura de ambigüidade e defina a súa postura de xeito claro”.
A candidata socialista asegurou, por último, que continuarán realizando xestións perante “todos os organismos e administracións que teñen competencia na materia porque, a diferenza de Javier Bas, para nós os intereses da veciñanza e do municipio, están por enriba de calquera outro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará