Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do cocido de Trasmañó consolídase como cita gastronómica no Concello

RR_Noticias

Unha das citas festivas máis madrugadoras do ano é a Festa de San Vicente de Trasmañó que nesta ocasión deixa propostas festivas, culturais e gastronómicas nos días 19, 20 e 22 de xaneiro que inclúen a presentación do libro dedicado a parroquia e elaborado polo arqueólogo Xurxo Constela, xogos populares para os nenos na tarde do sábado e a X edición da festa do Cocido que se consolida como unha das citas gastronómicas do concello.

Son xa ao redor de 300 as persoas que xa reservaron prato nesta cita na que o cocido é o verdadeiro protagonista e que vai ter lugar no día grande das festas, o domingo. Con todo, aínda hai posibilidade de sumarse chamando ao teléfono 663 176 951 ou 670 884419. Un completo menú a 20 euros que inclúe sopa, cocido, sobremesa, café licores, pan e bebida e que se servirá nunha carpa que conta con todas as comodidades. Será logo do xantar cando teña lugar a presentación do libro de Xurxo Constela nunha xornada que remata´ra con verbena a cargo de Los Satélites. No día anterior, o sábado haberá tamén propostas diversas que arrancarán coa II concentración de vehículos clásico ás 10:30 horas e unha tarde de cucañas e xogos populares acompañados do grupo de animación infantil Barafunda. A verbena nocturna estará amenizada polas orquestras Televisión e Capital. O martes, día propio de San Vicente, as actividades previstas serán de carácter relixioso aínda que non faltarán os pasarrúas coa charanga Va-k pinta.  

Juan González Comisión de festas
A festa arrancará cunha concentración decoches clásicos
X Festa do cocido
Unha cita gastronómica xa consolidada
Día de San Vicente
O martes as actividades serán relixiosas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará