Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe en Chapela a Manuel González Soto

RR_Noticias

O pavillón de Chapela acollerá hoxe un emotivo acto de despedida ao que foi o presidente do club de balonmán da parroquia dende o ano 1967 ata a actualidade, Manuel González Soto, quen falecía o pasado venres aos 69 anos de idade. Na xornada de hoxe quedará instalada no pavillón a capela ardente coas cinzas do presidente e as 15:30 horas, antes do funeral que terá lugar na Igrexa de Chapela ás 17:00 horas, realizarase unha sentida homenaxe na que animan a todos os seus achegados a participar.

O obxectivo do club é amosar neste acto de despedida o seu agradecemento a un personaxe fundamental na historia do deporte galego en xeral e na do deporte redondelán en particular “pola entrega desinteresada de Soto ao equipo”, motivo polo que ás 15:30 horas de hoxe xogadores, achegados, adestradores, membros da directiva e patrocinadores participarán desta homenaxe que terá lugar no pavillón de Chapela. O acto consistirá na lectura dunhas palabras na honra do presidente e o acompañamento das súas cinzas ata a Igrexa da parroquia. Explican dende o club que queren darlle a Soto “a despedida que se merece unha enorme persoa que o deixou todo polo club e que nos seguirá acompañando alá onde estea para que sigamos sendo unha gran familia”. Animan a veciñanza a achegarse vestidos con chándal ou equipaxe do Club “para despedir a Soto coas cores que o acompañaron durante toda a súa vida”. Un acto que terá lugar nun pavillón que leva o seu nome, logo de que así se aprobara no pleno do pasado mes de novembro.  

Fran Teixeira adestrador do BM Chapela
Teixeira sinala que a homenaxe desta tarde será no pavillón que era "a casa" de Soto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará