Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Multiúsos acolle as III Xornadas de atención á diversidade organizadas por Andaina

RR_Noticias

Unhas xornadas que nacían tres anos atrás e que buscan dar resposta a unha demanda que familias e mestres trasladaron a esta asociación sobre a necesidade de contar con actividades formativas en torno á diversidade e sobre como abordar a atención a nenos e nenas que presentan capacidades diversas. Nesta ocasión inclúen charlas de diversos temas e obradoiros sobre coaching emocional que se van desenvolver na xornada do sábado día 26 en horario de mañá e tarde. A inscrición, que ten un custe de 20 euros (10 euros reducida) pode realizarse a través do facebook e o blog da asociación Andaina.

A mestra Alicia Tojeiro será a encargada de abrir estas  xornadas coa charla “Contracorriente: a felicidade e o xogo coma éxito do método educativo”, no que esta profesional afondará nun traballo que realiza día a día e que lle levou a ser unha das finalistas como mellor docente de España nos premios Educa Banca. A continuación será a doutora en didáctica e organización educativa Fatima Doval quen impartirá a charla “Coidado a quen chamas discapacitado” abordando a necesidade de centrarnos nas capacidades e non nas discapacidades de nenos e nenas. A profesora de educación secundaria no Instituto da Guía, Irene Ibarra será a encargada de abrir a tarde co tema “A conexión na aprendizaxe con disciplina positiva: aprender facendo”. Unha charla que dará pasado xa aos obradoiros que se impartirán simultaneamente por Iago Santalla e Hadriana Ordóñez Outeiro. Santalla orientará o seu taller nas competencias para a autonomía persoal orientado principalmente a persoas con discapacidade, mentres que o segundo obradoiro “Coidado e mimiños para nós” está máis pensado na figura do coidador e as familias e correrá a cargo da psicóloga Ordoñez Outeiro.  

Lara Naya Andaina
Fálanos dos obxectivos destas xornadas
Charlas de profesionais
Abordarán cuestións vencelladas coa diversidade
Obradoiros
Unha edición centrada no coaching emocional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará