Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP evita dar prazos sobre o traslado de servizos sociais aos baixos de Regojo

RR_Noticias

O alcalde asegura, en resposta a unha moción do PSOE na que instaban ao goberno a cumprir de inmediato co compromiso de trasladar as oficinas de servizos sociais aos baixos de Regojo, que o traslado está pendente da “publicación dos pregos, un trámite que debería resolverse en breve”. Todos os grupos da oposición criticaron que mentres non se efectúa dito traslado non se teña habilitada a parte baixa dos edificio que actualmente ocupan os servizos sociais, na rúa Reveriano Soutullo, para atender a aqueles usuarios con mobilidade reducida “que se ven obrigados a desprazarse ao concello para seren atendidos”.

O traslado de Servizos Sociais ao local de máis de 300 metros cadrados nos baixos dos edificios no solar da antiga fábrica de Regojo segue en fase de tramitación. Así o explicou tanto o alcalde Javier Bas como a concelleira de servizos sociais, Carmen Amoedo, quen evitaron falar de prazos malia adiantar que “serán curtos”. O tema abordouse no pleno municipal logo de que o PSOE presentara unha moción instando ao goberno local a que acelerase o trámite. Escoitáronse no debate críticas sobre a “inacción” dos responsables do goberno á hora de acelerar o traslado pero tamén, dende AER afeáronlle non ter habilitado o baixo do actual edifico, na rúa Reveriano Soutullo, para que os usuarios de servizos sociais con mobilidade reducida non teñan que desprazarse ao concello. Dende o BNG criticaron a tardanza no traslado e acusaron ao PP da falta de interese nos servizos sociais “se fora unha prioridade non estarían pendentes dos fondos europeos para facer a obra, se podía ter feito con cargo ao remanente ou a outras achegas económicas sen necesidade de esperar polo financiamento do 2020” en palabras do nacionalista Xoan Carlos González. Tamén dende o PSOE se criticaba ao goberno por non concretar datas e seguir sen facer a obra “que ben podería financiarse co Plan Concellos da Deputación que achega máis dun millóns de euros ao concello de Redondela”. A edil popular Carmen Amoedo respondía as críticas da oposición asegurando que a atención dos usuarios está sendo a axeitada, tamén a aqueles con mobilidade reducida que son recibidos nas mellores condicións nos baixos do concello e insistía en que os trámites para o traslado de servizos socias “seguen avanzando e darán os seus froitos a curto prazo”.  

Javier Bas alcalde
Fala de trámites que se solucionarán en breve
Xoán Carlos González BNG
Acusa ao Pp de falta de interese nos Servizos Sociais
Xosé Covelo AER
Reclama un acceso axeitado para as persoas con mobilidade reducida
Digna Rivas PSOE
Critica que non se teñan aproveitando partidas doutras administracions
Carmen Amoedo PP
Asegura a atención axeitada de todos os usuarios

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará