Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiro para coñecer o patrimonio de Ventosela

RR_Noticias

O arqueólogo Xurxo Constela da empresa A Citania será o encargado de guiar aos participantes neste percorrido que os levará a coñecer a zona oeste da ruta das Pedras e os petróglifos da Pedreira na parroquia de Ventosela. Unha actividade de balde promovida polo Concello de Redondela que se celebra este domingo día 27 con saída ás 10:00 horas.

As persoas que queiran participar só teñen que presentarse ás dez da mañá na explanda diante do Centro Cultural A Miñoteira de Ventosela. O roteiro prolongarase durante aproximadamente 3 horas nas que os participantes percorrerán 4 kilómetros acompañados de Xurxo Constela quen irá explicando o patrimonio existente na zona.
As próximas visitas centraranse na zona leste desta mesma ruta na que se poden observar pedras singulares (24 de febreiro) e xa na noite do 30 de marzo está previsto organizar unha a ruta nocturna polos petróglifos da Pedreira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará