Nos últimos días hai constancia aló menos de 2 roubos en vivendas unifamiliares na parroquia de Reboreda e outros dous asaltos a casas do Viso. Tamén nos últimos días os ladróns terían entrado nun local de hostalaría na zona do Salgueiral, nas inmediacións do parque infantil. Uns feitos que están facer que salten as alarmas entre os veciños xa que veñen sumarse a numerosos incidentes acontecidos no concello dende que arrancou o ano.
Os roubos cometidos nos últimos días veñen sumarse aos xa denunciados semanas atrás e que afectan tanto ás parroquias, onde os ladróns intentan entrar nas vivendas unifamiliares, como no centro da vila. Non hai moito era a xoiería Esther Docampo, cuxo escaparate sufría importantes danos logo de que uns ladróns tentaran rachalo cunha pedra de madrugada. Nese caso a alarma e a seguridade do local evitou o roubo. Non así en vairas tendas de moda do Salgueiral, das que se levaron material diverso.
A isto habería que engadir roubos en vivendas en Cabeiro, o Muro ou Cedeira tamén neste mes de xaneiro, unha situación que está a provocar a alarma e preocupación entre os veciños que alertan dun incremento da inseguridade no noso Concello.