Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As perruquerías promoven o coñecemento das parroquias

RR_Noticias

A campaña “A beleza das letras” dá o salto dos locais de hostalaría ás perruquerías da vila. Un total de oito establecementos súmanse a esta iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística e a Asociación de empresarios que busca dar a coñecer as parroquias redondelás e fomentar unha lectura que busca tamén rachar estereotipos e irromper en espazos nos que non adoitan estar presentes.

Unha campaña que arrancaba meses atrás en oito cafés do municipio co obxecto de divulgar os tres libros ata o de agora publicados en torno a Cesantes, Ventosela e Trasmañó. Textos breve redactados por veciños desas parroquias, Lola Míguez, Olga Nogueira e Xurxo Constela pero que serven para poñer en valor estes territorios e dar a coñecer o seu patrimonio e a súa riqueza material e inmaterial. Dende o Concello e a Asociación de empresarios dáse un paso máis trasladando agora a iniciativa tamén ás perruquerías. “É unha oportunidade para rachar estereotipos e ofrecer aos clientes destes centros de beleza e perruquerías unha lectura que non adoitan atopar pero que resultará de interese e espertará a curiosidade por coñecer o noso territorio”. Dende Normalización Lingüística adiantan que en cuestión de meses sairán xa os novos libros dedicados a Chapela, Negros e Reboreda que confían esperten o mesmo interese que os seus predecesores dos que se esgotaron os 1500 exemplares editados.  

Xurxo Martínez Normalización Linguïstica
Libros para promover o coñecemento das parroquias
Julia Alonso Asociación empresarios
Rachar estereotipos
Angela Antón Concelleira
Unha iniciativa diferente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará