Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local traballa na elaboración de murais artísticos en diferentes puntos da vila

RR_Noticias

Critican que AER queira apropiarse dunha proposta que está en marcha dende hai xa meses, como o amosa o feito de que en outubro do pasado ano se mantiveran xuntanzas cos grafiteiros de cara a estudar a posibilidade de facer murais artísticos en diferentes espazos. Neste sentido xa se solicitou permiso a Fomento para decorar 4 muros, algún deles de gran tamaño.

“A proposta de facer murais artísticos contra o feísmo non é unha iniciativa nova na vila”, así o manifestan dende o goberno local que segundo explican xa mantiveron as primeiras xuntanzas cos grafiteiros locais no pasado mes de outubro. A resposta chega días despois de que a Agrupación de Electores anunciase esta iniciativa, unha manobra que consideran dende o PP “como un intento de apropiarse desta idea”.
Explican fontes municipais que tras unha primeira xuntanza propuxéronse varios muros, algúns deles de propiedade privada e outros públicos, que son competencia de Fomento. A solicitude para decorar 4 muros, algúns deles de gran tamaño, foi remitida xa ao Ministerio de Fomento e está á espera da autorización.
Tamén dende o Goberno se puxeron en contacto con varios particulares aos que se lle presentaron bocetos dos grafiteiros locais e están valorando os diferentes murais suxeridos. Ademais, chegouse a un acordo cos grafiteiros locais para cederlles un muro libre, que é propiedade do Concello, para que eles expresen o seu arte.
O PP critica a Agrupación de Electores de Redondela por ir “a remolque, querendo facer súa unha acción que xa saben que ten iniciada o equipo de goberno”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará