A Policía Local rescata unha muller de 82 anos que sufrira unha caída no seu domicilio. Un arriscado rescate con final feliz o levado a cabo por este axente da policía local na maña do pasado martes no 5º andar dun edificio da rúa Ernestina Otero.
Os feitos producían ao redor das 10:00 horas do pasado día 5 cando unha persoa achegábase ás dependencias policiais para informar de que un familiar, unha muller de 82 anos de idade, non abría a porta da súa vivenda malia escoitar voces procedentes do interior.
Unha vez no edificio o axente decidiu realizar unha arriscada manobra para acceder á vivenda dende o patio de luces. Así optou por entrar dende unha ventá exterior saltando dende un piso contiguo co obxecto de socorrer a muller. Unha vez dentro comprobaron que malia ter sufrido unha caída no baño na noite anterior que lle impedía levantarse, non presentaba feridas de gravidade.