Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Da Pedra ao Sal”, unha mostra desde a Prehistoria ao Galaico Romano en Redondela

RR_Noticias

A nova exposición, que pode visitarse no Multiúsos da Xunqueira , é unha achega aos períodos máis afastados do pasado de Redondela e a súa comarca. Nela móstranse datos de achados dende a Prehistoria ata a época Galaico-Romana, co acompañamento de fotografías do Museo de Pontevedra e ilustracións.

Da Pedra ao Sal. Anotacións sobre a Prehistoria e o Período Galaico Romano na comarca de Redondela. Ese é o título da nova mostra inaugurada polo alcalde de Redondela Javier Bas, xunto ao historiador Telco Crespo. A exposición, situada na sala II do Multiúsos de Redondela, é unha achega aos períodos máis afastados do pasado de Redondela. A partir dunha grande liña do tempo, o visitante pode situarse na época e os fitos máis importantes do momento. Os contidos, desenvolvidos baixo a dirección do historiador colexiado Crespo Tojeiro, son expostos de forma novidosa, de xeito didáctico, co fin de achegar a información ao maior público posible. A mostra ofrece datos sobre os achados no Monte Carrascal, a importancia de innovacións como a cerámica no Neolítico ou o valor que os romanos lle deron ao sal. Pode visitarse todolos días de luns a domingo no horario de apertura do Multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará