Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco cede un empate nos últimos minutos

RR_Noticias

Xusto igualou para o Vilalbés na recta final do partido, logo de que félix adiantase ao Choco no minuto 54. Xornada negra para os equipos locais de Primeira e Segunda Galega, que non sumaron. Na terceira só gañou o Chapela. No balonmán derrotas dos equipos femininos de Honra Prata e vitoria dos masculinos en Nacional e Autonómica.

Terceira División
Racing Vilalbés 1-1 Choco
O Choco regresou da Magdalena cun empate, logo de poñerse por diante no marcador. Félix puxo o 0-1 no minuto 54. O empate chegou nos últimos minutos do encontro, nunha acción a balón parado protestada polo club redondelán. Na primeira metade os dous equipos se alternaron no dominio do partido, pero con poucas accións de perigo. A primeira oportunidade do encontro foi para o Choco,. Jacobo Lazcano chegou a liña de fondo e puxo un centro que rematou Félix á dereita da portaría rival. Despois os locais protagonizaron disparos de Villares e de Álex Pérez, pero sen perigo para a portaría de Cortegoso. O segundo tempo foi similar. Gabri fixo un centro ao que non chegou Félix. Poucos minutos despois, nunha xogada de velocidade,non errou e anotou o 0-1. E tivo ocasión o equipo de Redondela para ampliar a renda, pero o disparo voou por riba do traveseiro. Logo chegaría o empate co gol de Xusto. O resultado deixa ao Choco na novena praza, e continúan coa súa boa marcha ao acumular oito xornadas sen coñecer a derrota, malia que aínda non foi quen de encadear dúas vitorias consecutivas. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ao Ribadumia, da metade baixa da táboa.
Primeira Autonómica

Portonovo 2-1 Arcade
Logo dunha primeira parte sen goles, o Portonovo adiantouse na segunda metade cun gol de Iván. Eloy empatou para o Soutomaior tras unha boa combinación, e Juanín tivo o 1-2 na man cun tiro ao pau. Logo, no último minuto do tempo de desconto, Diego fixo o tanto da vitoria para o Portonovo, que é máis líder. O Arcade queda 5º. O domingo recibirán ao Pontevedra, outro callo, 2º do grupo.
Segunda Autonómica

Chaín 3-0 Atl.Vilar
Dous goles de Miguel e un de Édgar déronlle a vitoria aos anfitrións. Os de Mon Sanromán, que seguen no 9º posto, recibirán na próxima semana ao Nieto, co que están empatados a puntos.
Cesantes1-3 Moraña
O Cesantes adinatouse cun gol de Fabián nada máis comezar o partido, pero o Moraña remontou con tantos de Rodrigo, de penalti, Andrés e Borja, e xa lidera o grupo, mentres que os de Redondela son 12º. Na próxima xornada os de Pablo Alonso visitan o campo do Noalla, afundido na parte baixa da táboa.
Terceira Autonómica

S. Miguel 0-1 Chapela
Cando todo apuntaba a un empate sen goles, un tanto de Ángel en tempo de desconto daba os tres puntos ao Chapela, que mantén o 4º posto. Na próxima xornada disputa un importante partido xa que recibe ao Matamá, que é 3º, a un punto de distancia.
Nespereira 0–3 S.Esteban
O Nespereira perdeu ante un dos equipos fortes do grupo, o S.Esteban, que xa é 2º do grupo. Na próxima xornada xoga no campo do Peñasco.
Pontecaldelas 2-1 Soutomaior
Derrota do Soutomaior ante un rival directo na loita polo ascenso, queda xa a 6 puntos do líder e cae á terceira posición. Raúl e Pablo Otero marcaron para os locais, e Davicín fixo o gol de Soutomaior no desconto. O domingo recibirán ao Cerponzóns, que agora é 2º, a dous puntos dos locais.
Fútbol Sala Terceira División

FS Bueu 3-1 Campito
Os de Chapela sufriron no Morrazo e colleitaron unha derrota no pavillón do F.S. Bueu. O
Campito, que agora é 14º, en postos de descenso, recibe a próxima semana ao Red Blue Vigo, situado no ecuador da táboa.
Pazos 4-4 GRI Carballiño
Os de Fran Amoedo manteñen o liderado do grupo e o punto de distancia que os separa do 2º, o GRI Carballiño, logo do empate na casa. Na próxima semana defenderán ese liderado na pista do Talleres ABC Vigo IES Coruxo, 7º do grupo.
Preferente Sur

Redondela Maramar 2-2 Copefri Beade
O equipo local non conseguiu pasar do empate ante o conxunto de Beade, e baixa á 10ª praza. E vaino ter complicado a próxima xornada, porque visita o pavillón do Baíña F.S., 2º do grupo.
Balonmán División de Honra Prata Feminina

Zonzamas 28-20 Cíes Obra Civil Chapela
O BM.Chapela perdeu en Canarias se segue como pechacancelas. Na próxima xornada disputa o derbi comarcal ante o Lavadores, 4º do grupo.
Siero 30-22 SAR Rodavigo
As de “Chini” baixan ao 9º posto logo de perder en Asturias ante un Siero moi necesitado de puntos. Na próxima xornada reciben ao Valladolid, 5º do grupo.
Primeira Nacional Masculina

Rodosa Chapela 35-26 Xixón
O Rodosa Chapela mantén a 5ª praza do grupo logo de impoñerse ao Xixón. Máis complicado o terán os de Fran Teixeira a próxima xornada, repiten como locais, pero reciben a visita do líder, o C.Castro.
Primeira Autonómica

SAR PlasticOmnium 28-23 C.Ourense
A SAR ocupa a 4ª praza logo de impoñerse ao C.Ourense. Na próxima xornada visitan o pavillón do Deza, que é 6º.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará