O enfrontamento entre o Partido Popular e os colectivos culturais integrados na plataforma Sinha Paca continúa crecendo. O PP dá un paso máis denunciando que “algúns só publican o orzamento dos festivais que a eles lles interesa” motivo polo que deciden publicar o listado das facturas correspondentes ao Redondela en curto do ano pasado. Aseguran tomar esa decisión para que en base os datos “cada un saque as súas propias conclusións”.
Unha publicación pormenorizada dos gastos do Redondela en Curto 2018 que chega logo de que a Plataforma Sinha Paca denunciara o acontecido no último pleno no debate en torno a unha moción presentada por este colectivo na que demandaban do goberno un xiro a súa política cultural e o establecemento de pontes de diálogo coas asociacións culturais. Segundo a plataforma “sen rebater ningunha das medidas que propoñía a moción, o PP limitouse a desvalorizar a xestión da dimitida equipa do Redondela en Curto e a negar o valor cultural dos festivais desaparecidos”. Segundo din a voceira do goberno, Carmen Amoedo “deixou claro o enfrontamento do goberno de Javier Bas coas iniciativas culturais que non xurdan dos despachos que gobernan e que sexan xestionadas por empresas privadas especialistas, e a eliminación de toda iniciativa cultural feita dende unha base asociativa, voluntaria, sen ánimo de lucro e que pretenda cubrir as necesidades e inquedanzas culturais propias dunha cidadanía democrática, e polo tanto diversa e activa”.
Como resposta, o PP lembra a través do seu facebook que o “orzamentos do Redondela en curto ascendía a 15.000 euros cando eles chagaron á alcaldía, cantidade que se foi incrementado ata chegar aos 32.730 euros o pasado ano”.