Rematadas as obras de rehabilitación no viaduto tras dous anos de traballos, ADIF anuncia corte de tráfico na estrada N-550 durante a vindeira semana debido a retirada das estadas que cobre o viaduto. As interrupcións da circulación produciranse os día 18 e 22 en horario nocturno dende as 23:00 ás 6:00 horas polo que non afectara ao servizo ferroviaria pero si obrigará a realizar cortes alternativos nos carrís afectados.
As obras realizadas polo Administrador de Infraestruturas ferroviarias (ADIF) contaron cun orzamento de 2.179.800 euros, financiados polo porto de Marín co obxectivo de dotar a ponte dunha capacidade de trens de maior tonelaxe. Esta actuación permite agora unha maior eficiencia para o transporte de mercancías co orixe e destino en Marín. Os traballos incluíron o reforzo de diferentes pezas para adaptalas ás actuais necesidades ferroviarias xa que se trata dunha infraestrutura con más dun século (foi inaugurada no ano 1884) que agora soporta un tráfico de trens máis elevado, máis pesados e a maior velocidade.
Os traballos de rehabilitación e renovación da ponte comezaron en marzo de 2017 e prolongáronse durante practicamente dous anos “debido aos horarios de traballo, moi limitados e deseñados co fin de afectar na menor medida posible ao tráfico ferroviario”.