Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Go on, unha odisea cómica no Multiúsos do Piñeiral

RR_Noticias

A Concellería de cultura programa esta fin de semana “GO on”, unha obra de teatro escrita por José Luis Prieto e dirixida por Marcos Orsi. Unha actividade de balde o domingo ás 20:00 horas no Multiúsos de Chapela a cargo da compañía de teatro Malasombra.

Xoque Carbajal e Josué García son os dous exploradores que protagonizan esta comedia. Despois da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. Estes dous valentes adentraranse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea. A obra recompila esta experiencia límite na que os seus protagonistas viven situacións extremas como o terrible ataque do can de palleiro, a entrevista a un porco no corredor da morte, como conseguir alimento nas festas gastronómicas ou cantarlle unha saeta á Santa Compaña.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará