Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior propón transformar a vella escola de Moreira nun centro social e de maiores

RR_Noticias

O grupo municipal do Bloque vén de presentar unha moción na que propón ao pleno a recuperación da vella escola de Moreira, que na actualidade se atopa nun grave estado de deterioro, para darlle un uso social, con actividades para a veciñanza e que serva de punto de encontro para os maiores.

A vella escola de Moreira foi o lugar que durante décadas funcionou como escola rural no barrio. Atópase á carón da casa do pobo, na carballeira de Trasdovalo. Pero co paso do tempo e o desuso, o inmoble presenta agora un evidente deterioro. Ante esta situación, o BNG propón “poñer en valor” este edificio público e dotalo de contido. O voceiro, Manu Lourenzo, avanza que a súa rehabilitacióne permitiría que a antiga escola funcionase “como un espazo no que realizar pequenas xuntanzas e actividades para a veciñanza, a ao tempo como un lugar de encontro para os maiores, que permitise que durante o día estivesen acompañados e atendidos”. O edil nacionalista afirma que podería facerse a través dos fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, realizando previamente un estudo de viabilidade que poña fin “ao lamentable estado de deterioro do edificio”. Lourenzo mantivo xuntanzas con varios axentes sociais do Concello, cos que coincidiu na necesidade dun espazo destas características no que os maiores do rural poidan compartir tempo e coidados, e a veciñanza en xeral poida organizar actividades culturais, sociais e de ocio.

Manu Lourenzo voceiro BNG
o BNG propón a recuperación da vella escola de Moreira para darlle un uso social con actividades para a veciñanza e como lugar de encontro para os maiores.
Estudo de viabilidade
Lourenzo explica que é necesario un estudo de viabilidade que poña fin "ao lamentable estado de deterioro do edificio".

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará