Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un museo científico para todas as idades

RR_Noticias

O Multiúsos de Arcade acolle este sábado o día grande da Semana da Ciencia que se está a desenvolver no concello de Soutomaior coa colaboración da entidade Ciencia en Movemento, un grupo de científicos que de xeito ameno e divertido trasladan a nenos, e non tan nenos, a ciencia  e todos os seus misterios.

Baixo o eslogan “prohibido non tocar” o Multiúsos de Arcade converterse durante un día nun museo cargado de experimentos sinxelos que permitirán aos que ata alí se acheguen coñecer dun xeito práctico e ameno como funcionan algúns principios básicos da ciencia. Un museo itinerante recomendado a nenos e nenas dende 5º de primaria ata 2º de bacharelato pero que esperta tamén o interese dos maiores. Celebraranse tamén dous obradoiros “Fire” no que os participantes xogaran con experimentos nos que se precisará do lume para comprender o seu funcionamento e Kids un obradoiro práctico con multitude de experimentos xerais con globos,confetti, carreiras de latas e auga que non cae. Xa as 20:00 horas haberá unha mesa redonda sobre as vocacións científicas con Leticia Costas​,​Paula Rodiño e Xiana Alfaya e pechará a xornada o espectáculo Da palanca ao láser ás 21:30 horas.  

Jesús Fernández Ciencia en movemento
Prohibido non tocar
Museo itinerante
Para todos os públicos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará